domingo, 29 de enero de 2012

Xa temos Blog

En primeiro lugar, saudar a todas e todos os usuarios da biblioteca do IES Alfoz - Valadouro, xa que temos por fin un  blog.

O noso principal obxectivo e o uso da biblioteca e o contacto, por medio deste blog, entre todas e todos os compoñentes da comunidade educativa.

Despois de moito pensar, o nome da biblioteca será o viraventos, xa que das cousas que unen os dous concellos do noso alumnado, o vento que move, entre outras cousas, os xeradores eólicos da Serra do Xistral é o encargado de facer que o viraventos mire unhas veces para un lado e outras veces para outro, e nos dende a biblioteca temos pensado mirar para moitos lados, uns días máis centrados en unhas cousas e outros días noutras.

Polo momento estade atentos xa que nesta semana temos pensado publicar dous actividades para os próximas datas, e un sin fin de cousas do máis diverso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario