martes, 31 de enero de 2012

Libro ó mes


Temos pensado facer que o alumnado utilice a biblioteca, para iso, dende o grupo da biblioteca imos incentivar o uso da mesma, todo o alumnado que cumpra o requisito de ler un libro ó mes (desta biblioteca) dende agora até o final de curso recibirá un agasallo.

A idea é a seguinte:
  • Sacar da biblioteca un libro por mes, que non sexa das lecturas obrigatorias.
  • Falar (de xeito distendido, non vai ser un exame) do libro, unha vez lido, con alguén dos responsables da biblioteca.
Ó final do curso, entre todos aqueles que cumpran o requisito de ler un libro por mes, sortearase un premio a escoller:
  • Vale para unha cea nun "burguer" da zona para dos persoas.
  • Vale para o cine para dous persoas.
  • Memoria USB.
  • Cheque regalo para material de librería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario