viernes, 24 de febrero de 2012

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa celebración do 175 aniversario do nacemento da escritora galega.


O EDNL suxire, para celebrar esta data, o agasallo dun libro de Rosalía de Castro e dunha flor.
Así que ánimo, e polo menos unha suxestión dende a Biblioteca O Viraventos, pasade pola biblioteca par encontrar unha selección de libros da escritora para pasar unha boa tarde de lectura en compañía dun deles.


martes, 7 de febrero de 2012

A nosa mascota

Pois parece que a mascota vai ter o nome de CUQUI ss ninguén o remedia, xa que é a única suxerencia recibida polo momento.
Podeis pensar un pouquiño máis e poñer un nome imaxinativo, relacionado entre o pulpo e a biblioteca.

miércoles, 1 de febrero de 2012

I Concurso relatos curtos

Para este entroido imosfacer un concurso de relatos curtos.
A temática é O Entroido.
Os relatos teñen que ter unha extensión como máximo dun folio, pode ser entregado tanto escrito a ma (pero debe entenderse) como impreso.
O idioma terá que ser o galego (xa que é unha actividade realizada en colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística).
A data límite de entrega será o 15 de febreiro.
Durante a celebración do Entroido no centro, farase a entrega do premio ao mellor relato.
O premio pode quedar deserto se ninguen se presenta ou se a obra non ten un mínimo de calidade.
O xurado serán os membros do ENDL.
Animamosvos a participar nesta actividade.

O nome da nosa mascota

Como xa sabedes, ademais de blogue novo, temos mascota nova, pero ainda non ten nome.
Durante as próximas duas semanas podedes enviar comentarios cos nomes que máis os gusten, ademáis do nome podeis decir cal é o motivo, si existe, polo que poñedes ese nome.