A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das
actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e
Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer
visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao
desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das
persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER
CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a
importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos
ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes
contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A
ilustración é de PATRICIA CASTELAO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario